Os textos e imagens provêm do blogue da Humorgrafe e do site Culturagalega.org (o texto de Henrique Torreiro).
BENITO LOSADA
19 de Novembro de 1946 (Lugo) – 6 de Fevereiro de 2011
Técnico de cultura
Fue maestro por la Escuela Normal de Lugo, con estudios de Geografía e Historia. Nunca ejerció el magisterio, trabajando desde 1971 en el campo de la juventud. A partir de 1978, dirigió la Casa de la Juventud de Ourense.
Promovió y coordinó numerosas actividades, entre ellas:
. Outono Fotográfico,
. Xornadas de Banda Deseñada de Ourense,
. Bienal da Caricatura y
. Premio Ourense de Contos.
Recibió numerosas distinciones por su labor, la última, la ‘Curuxa de Honra de 2003’, otorgada por el Museo del Humor de Fene.
Participó en numerosas asociaciones culturales, preferentemente de la ciudad de las Burgas, donde fue socio fundador de la Agrupación Fotográfica Ourensá y del Club Cultural Alexandre Bóveda. Fue socio de la editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. Fue miembro de la Comisión Técnica de Acción Cultural y del Consejo de la Cultura Gallega.
______________________________________________________
Homenagem dos Caricaturistas Portugueses
a Benito Losada
Caricaturistas Portugueses e Galegos em confraternização na Bienal de Caricatura de Ourense, organizada por Benito Losada. Aqui pode-se ver em pé Gogue, Osvaldo Macedo de Sousa, Renata Macedo de Sousa, Artur Ferreira, Onofre Varella. Sentados Kiko da Silva, Ferreira dos Santos, Carreiro, Benito Losada, Omar Perez, Paulo Santos Veloso e Zé Oliveira
Desenhos de Artur e Ferreira dos Santos
Desenhos de Onofre Varella e Rui Pimentel
______________________________________________________
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Benito Losada
A BD galega debe moito ao que foi o director da Casa da Xuventude de Ourense.
Sen el ser especialista en banda deseñada, o labor que Benito Losada desenvolveu ao longo de varias décadas resulta imprescindíbel para entender a actual boa saúde do cómic galego.
Como director da Casa da Xuventude de Ourense, impulsou innumerábeis iniciativas culturais desde unha institución con pequenos orzamentos, a base de empeño persoal e de lograr a implicación doutras institucións, asociacións e particulares. Afortunadamente, todo isto lle foi recoñecido en vida, e non faltaron as homenaxes, anos antes de que chegase a súa fatal enfermidade, pero non está de máis lembrarmos tamén agora a súa figura.
A estratexia de Benito Losada era propor — ou, no caso de lle seren propostas, darlles acollida — iniciativas que podían contar con vertebración organizativa de tipo horizontal a través de asociacións. No caso das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, inicialmente, coa colaboración do grupo Frente Comixario, naquel momento moi activo. Falamos dunha época, o ano 1989, en que falar de cómics era diametralmente diferente ao que pode ser hoxe. Lonxe da industria, mais tamén lonxe das tendas especializadas (en Ourense era imposíbel comprar outros cómics que non fosen os que chegaban aos quioscos e os tradicionais de Bruguera e mais Tintín e Asterix), a BD na nosa pequena cidade era un asunto inusitado.
Unha atención sostida no tempo
Non era a primeira vez que desde a Casa da Xuventude, dirixida por Benito desde finais dos setenta, dedicaba atención á BD. Nos oitenta a Casa xa fixera varias edicións dun concurso de cómic («historietas en banda deseñada ou cómic»), do cal se publicaron as obras gañadoras no número 0 da revista Frente Comixario. Despois de pórense en marcha as Xornadas, en 1991 naceu o Premio Ourense de BD, e en 1992 abriuse o abano da institución a un campo parello, o humor gráfico, a través da Bienal da Caricatura —en colaboración nese caso co extinto Clube Alexandre Bóveda—. Todo estaba enfiado nun interese polas manifestacións da cultura contemporánea, que antes o levara a reivindicar outra arte hoxe consolidada socialmente, pero que daquela, e máis nunha pequena cidade, brillaba pola súa ausencia: a fotografía; foi a través do Outono Fotográfico, creado en 1983, e tamén de Diapo Galicia, de máis efémera existencia.
Alén diso, a modesta biblioteca da Casa da Xuventude estaba (estao) especializada en diversas cuestións relacionadas coas súas actividades. Entre elas, o cómic, o que permitiu, nese ermo que supuña daquelas a nosa cidade —na biblioteca pública só había cómics na sección infantil—, poder coñecer moitos clásicos e modernos da BD a través da súa lectura.
Creo que ninguén me chamará esaxerado se digo que moitos consideramos a Benito un mestre que nos ensinou, co seu exemplo, as claves da organización de actividades culturais. Unha organización, aclaro, non hiper-tecnificada, non verticalizada, na que un coordinador o mesmo ten que enmarcar uns cadros, preparar as viaxes duns convidados ou cargar cunha caixa de libros. Iso explica que unhas xornadas como as de Ourense, que lograron resonancia en toda Galicia e mesmo fóra, tivesen un orzamento tan reducido.
Se Benito chegou ter tanto prestixio non foi por casualidade: había nel o pouso de moita lectura e moita reflexión interiorizada sobre como facer as cousas, unha serie de principios que xa tiña tan asumidos que os naturalizaba co seu carácter informal e retranqueiro. A banda deseñada ten agora, en Galicia en toda a Península, unha presenza e un prestixio social que eran impensábeis hai anos. Todo o traballo desenvolvido por Benito Losada ten bastante que ver con esta nova realidade, e é de xustiza recoñecerllo.
Cartaz e fotos das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense 2010
______________________________________________________
Imagens da responsabilidade do Kuentro
______________________________________________________
http://www.culturagalega.org/bd/
Sem comentários:
Enviar um comentário