Para os que não conhecem a BD galega, podem visitar o portal da Cultura Galega, que tem cinco divisões básicas: ARTE, AUDIOVISUAL, BANDA DESEÑADA, LITERATURA e MÚSICA, o que não deixa de nos espantar, se pensarmos que nem o site do governo, em Portugal, tem uma divisão sequer dedicada à Cultura, quanto mais à Banda Desenhada, ou, a um nível mais regionalista, qual dos municípios portugueses inclui a Banda Desenhada nos seus sites?
Convido-vos, portanto, a visitar o espaço Banda Deseñada do Portal da Cultura Galega e vão ficar de boca aberta com o seu conteúdo, AQUI, uma vez que não há nada equivalente em Portugal. Convido-os também a lerem, ou relerem, o dossier BD Galega, no BDjornal #23. E desculpem lá apresentar o texto no original galego. Mas a língua galega é “a mãe” da língua portuguesa!!! Peço-vos um pequeno esforço, OK?
VIÑETAS SOBRE O ATLÁNTICO – O FESTIVAL CELEBRARASE NA CORUÑA DO 9 AO 15 DE AGOSTO
A obra de Will Eisner e a presenza de Dave McKean protagonizan a nova edición de Viñetas desde o Atlántico
Viñetas desde o Atlántico alcanza a súa XIII edición e contará cunha exposición temática de esqueletes, pero foxe de toda sensación de mala fortuna. Un cartel equilibrado e con autores interesantes será o reclamo para os afeccionados se achegaren á Coruña en agosto, e este ano poderán programar mellor a súa visita se consultan antes o web oficial do festival, vinetasdesdeoatlantico.com, que se presentou esta mañá no concello da Coruña.
O director de Viñetas, Miguelanxo Prado e a concelleira de Cultura María Xosé Bravo
Alí, a concelleira de Cultura María Xosé Bravo e o director de Viñetas, Miguelanxo Prado debullaron os pormenores dunha festa da banda deseñada que, tal como destacou o responsable do encontro, ten en Dave McKean - ilustrador de moitas das obras de Neil Gaiman e autor de bd - a súa gran estrela. Neste sentido, Prado comentou a curiosa relación que os autores ingleses teñen co mercado americano en contraposición cunha certa distancia do eido europeo. De McKean afirmou que é un "autor renacentista", que se manexa en disciplinas tan diversas como a fotografía, a tipografía, a fotografía e a dirección cinematográfica, alén da ilustración.
E dos vivos aos mortos, pois Prado lembrou cantas veces tentaran traer por todos os medios ao lexendario Will Eisner, o autor recoñecido como pai da novela gráfica, a Viñetas desde o Atlántico. "Ao final a súa muller sempre me acababa por dicir, non o presiones, que está moi mal". Eisner faleceu, pero por medio do galerista e editor Denis Kitchen, convidado á Coruña, os orixinais do grande mestre americano estarán no pazo do concello. "Temos a Eisner na ouija", bromeou Prado.
Unha das novidades haberá que procurala seguramente no Paseo de Coches, pois seguramente alí se van poder adquirir orixinais dos autores convidados. Conta Prado que "aínda que a nós nos chame á atención, é unha vella demanda, especialmente dos americanos", para quen é habitual vender pezas nas convencións que visitan. Se cadra un dos que se achegan é o coleccionista Jaume Vaquer, quen de novo comisaría unha mostra para Viñetas, neste caso, coa BD de prensa como argumento: Con ela, chegan Popeye, Dick Tracy e Flash Gordon. Caras famosas a eito ás que acompañará o Joker, a nova figura coa que poder facerse un retrato nas rúas da Coruña.
Todo isto, feito por cantos cartos? María Xosé Bravo non o quixo dicir. Explicou que o orzamento global da concellaría se reduciu un 6% no último exercicio, mas que a partida para exposicións é o mesmo que o ano pasado, 350.000 euros. Un diñeiro que cobre todas as mostras das catro salas expositivas municipais durante todo o ano, incluíndo Viñetas como acto principal. Bravo afirmou que non quería concretar a cifra de custo de Viñetas "por non darlle a imaxe a outros concellos de que se pode facer algo como Viñetas con esta cantidade tan pequena", e concedeu o mérito da eficiencia no uso dos recursos aos "contactos e autoridade moral" de Miguelanxo Prado. O director devolveu as flores ao concello, asegurando que "a chave de todo está en contar coa estrutura municipal". Para el, o funcionamento derívase de contar co mesmo persoal que artellou as mostras en edicións anteriores e tamén exposicións doutras disciplinas como pintura ou fotografía.
Site do Festival.
O logo de Viñetas sobre o Atlántico, que retrata a emblemática Torre de Hercules, construida no século II durante o principado de Trajano, à entrada do porto da então Brigantium.
Cartaz da edição deste ano.
____________________________________________________________________
OPORTUNAMENTE COLOCAREI AQUI A ENTREVISTA DE MIGUELANXO PRADO SOBRE O "VIÑETAS SOBRE O ATLÁNTICO"
____________________________________________________________________
JÁ AGORA, VISITEM O BLOGUE DE GERALDES LINO, DIVULGANDO BD, ONDE ESTÁ A ACONTECER UMA "CONVERSA" (conversa em comentários, entenda-se) INTERESSANTE SOBRE O ESTADO DA BD NAS LIVRARIAS PORTUGUESAS!!!
_____________________________________________________________________
galicia....¿donde estuvo refugiado martin bormann?
ResponderEliminar