sábado, 24 de julho de 2010

BDpress #148: CULTURAGALEGA – BANDA DESEÑADA – MIGUELANXO PRADO: “SE CONSEGUIMOS QUE O 1 POR CENTO DOS VISITANTES DE VIÑETAS MERCASE UNHA BD SERÍA UN ÉXITO ROTUNDO”

Entrevista com Miguelanxo Prado sobre o festival VIÑETAS SOBRE O ATLÁNTICO deste ano, que se realizara entre dias 9 e 15 de Agosto. Mais uma vez em galego, claro.

Miguelanxo Prado

Entrevista conduzida por Cristina Mouriño (da redacção de Culturagalega.org) em 13Julho2010

É o director, alma máter, responsable primeiro e último de Viñetas do atlántico, a gran cita anual da banda deseñada galega. Falamos con Miguelanxo Prado para coñecer os pormenores desta edición que contará, entre moitas outras novidades, unha completa retrospectiva do lendario debuxante e guionista neoiorquino Will Eisner. Ademais, aproveitamos para coñecer a súa opinión sobre a situación da banda deseñada en Galicia e os proxectos de Viñetas que caeron polo camiño.

O cartel deste ano parece moi equilibrado canto a xéneros, estilos, procedencias e mesmo editoras do mercado español. ¿Houbo sorte apesar de ser un ano de crise económica, ou é todo mérito da organización de Viñetas?

Neste tipo de cousas é o de sempre. Deixémonos de coñas. Sexa Angouleme ou calquera outro certame sempre hai un factor que é o azar, que acabar por supor un 60%. O sistema de convocatoria vai máis pola vía do personal no noso caso. Por poñer un exemplo, François Bourgeon, un dos grandes autores da banda deseñada francesa, é un autor que me gustaría ter traído a Viñetas, pero el xa me comentou que mentres o fagamos en agosto xamais virá. É certo que cada ano traballas cun mínimo de tres listados e eses listados mantéñense ata o final e ata o último momento non sabes que nomes virán ou non. Agora ben, queda claro que isto é especialmente complicado no caso dun salón como o noso, no que non funcionamos con criterios editoriais ou de mercado, coa complicidade dos editores como acontece en Barcelona onde os autores que aparecen son os que presentan novidades. Ese plus de liberdade que temos para programar ten tamén este problema engadido que é o noso criterio personal o que se ve representado.

Entón.. ¿Cómo definimos o modelo Viñetas?

Creo que é unha cuestión de dimensións e que ese tipo de cousas as ten claras e que prenteden abarcar nunha única fórmula. Cando Viñetas comezou xa existían as Xornadas de BD de Ourense. ¿Que sentido tiña que Viñetas entrase a competir cun certame que se celebra desde moito antes e pensamos que xa estaba perfectamente cuberto? O que sería moi difícil, e non só en Galicia, e non só en España, é montar unha proposta exclusivamente de carácter internacional. Non son tonto e esta exposición de autores, debuxantes e de todo este boom actual que sexa exclusivamente froito de Viñetas. Pero calquera que analice os últimos 15 anos da banda deseñada galega non pode deixar de ligar o feito de que os creadores tiveron acceso aquí ao que se estaba a facer noutra parte do mundo. Creo que, honestamente, isto é como o caldo. Leva fabas, garavanzos, patacas… e calquera cambio drástico na fórmula non sería caldo, sería outra cousa. Tamén é certo que se podería facer outro tipo de festival.

¿Que papel cumple a representación galega? ¿Consideras suficientemente representada a BD galega?

Non hai unha soa edición de viñetas que non conte cun mínimo de dous autores galegos. Paréceme que cambiar iso é sacar os pés fóra do testo. O que penso, con perspectiva e falo como diaño vello e xa experimentando o mundo do festival os coñezo ata as trancas, é que errar nesa medida é arriscarse a perder o festival. Poderiamos facer un festival de carácter local pero para iso non facemos este esforzo. É dicir, para convocar aos autores cos que nos tomamos as cervexas, pero non sería necesario ter o esforzo de Viñetas. O que me parece sería plantexalo como alternativa. Desde o seu nacemento Viñetas tivo que achegar propostas de todo tipo; comezaron as presións editoriais que, co tempo foron cesando, porque a cuestión cultural e de exposición e de conferencias dalles igual; e logo viñeron os editores marxinais… pero seguimos fieis ao modelo porque se non, non conseguiríamos a peza fundamental do asunto que é espallar a banda deseñada galega como linguaxe, como autores… Despois de 13 edicións se algo non se lle pode negar a Viñetas é o ben que funciona.

¿Hai unha redución do número de convidados desta edición?

Estámonos movendo no mesmo número que noutras edicións. Este ano traemos a un tandem Raul e Roger que son dos autores que, aínda que no programa apareza como un, cada un deles ten as súas comidas, o seu hotel… Ademais, hai outras exposicións como a de Will Eisner que custa o mesmo que se el viñera. Ao final temos o mesmo número, en cuestión de investimentos pediu que se axustara o presuposto e sacamos de cuestións de infraestruturas pero non no programa, senón en lonas, cartelería…. Pero a listaxe de participantes é a mesma.

E o orzamento, ¿cal é cifra económica para este ano?

Non é por escorrer o vulto pero a concelleira na rolda de prensa non deu a cifra porque dixo que o orzamento é de asignación xeral dentro do capítulo de exposicións da concellaría para todas as salas de exposición e Viñetas é unha parte dese orzamento. Un dos pactos que fixen cando aceptei a proposta hai 13 anos (e os que me coñecen saben que son escrupulosamente talibán cos cartos públicos) non quería que houbera a máis mínima posibilidade para que ninguén dubidase. Eu propoño actividades e exposicións e un equipo do concello prepara o proxecto económico.

En todo caso, ¿estamos nas mesmas cifras que en edicións anteriores?

A concelleira aseguroume que así é, ao mesmo tempo que me pediu que non fixeramos máis que do habitual. Viñetas é un festival incriblemente barato porque a miña relación é boa coa xente doutros festivais e ás veces cando falamos de custes e de infraestrutura organizativa, as cifras que se barallan son estratosféricas. Aproveitamos os recursos do concello da Coruña: salas, persoal, e os gastos son os que corresponden con convidados e exposicións.

Sempre falaches de que Viñetas tiña a intención de colaborar con outros festivais para facer un programa moito máis ambicioso. Agora en plena crise… ¿Que hai desa iniciativa?

Está no conxelador. Parece que nunha situación de crise, compartir custes podería dar novas saídas pero é complicado porque cada un de nós temos estruturas diferentes. Uns dependen de entidades privadas e empresariais (Ficomic); outros do Ministerio e dun entramado institucional complexo (Angouleme), hai quen funciona desde unha asociación cultural… todos estes elementos acaban converténdose nun problema burocrático. Non é algo que desboto e espero que a medida que saiamos do túnel poidamos retomar de cara a facer propostas máis ambiciosas. Unha enorme exposición como na que nalgún momento se pode ver no mundo da plástica e da pintura é algo que me gustaría poder chegar a facer algún día. Creo que o que conseguiu Viñetas coa de clásicos de prensa norteamericana é unhas propostas alternativas máis que interesantes

E daquela iniciativa que promoveches de que crear un gran museo da banda deseñada.

No que respecta a min é un asunto borrado da axenda. Son dos que pensa que hai que buscar un equilibrio entre o esforzo e o gasto de enerxía, despois de ter movido moitos fíos e de intentalo por moitos lados non houbo unha posición frontal por parte de todas as institucións e tampouco houbo unha movida clara. Neste momento está en marcha o de Barcelona e hai outro en marcha en Valencia. Desde o noso punto de vista pasóusenos o arroz, cando o plantexei tiñamos ofertas de recibir en doazón moitas ofertas. Foi un proxecto que non acabou por concretarse.

Como é a súa relacion coa consellaría de Cultura, en canto ás útlimas actividades en relación coa Banda Deseñada

É nula pero non porque sone a ruptura. No seu momento por razóns persoais deixei de participar nesa ferramenta que era a mesa sectorial da banda deseñada. Entón seguía o debate e os traballos pero non participei nin como autor nin como director de Viñetas e sei das cousas que van acontecendo por outros autores e polos medios de comunicación. A única referencia na que expresei a miña opinión foi a cuestión das bolsas que no articulado da convocatoria non era acertado, non era feliz como diría un antigo profesor meu. Pero o simple feito non era un paso adiante pero creo que hai que afinar moito mellor todas as condicións de presentacións de proxectos e solicitudes. O que se debería era non afinar o non afinable. Do resto non teño constancia de ningunha iniciativa.

Por último ¿cal é a previsión de visitantes para a edición deste ano? ¿Cómo se fai o cómputo do visitante? ¿E que perfil ten o certame?

Hai xa tres anos que non o facemos porque a medida que imos incorporando salas resulta complicado facer o cómputo. O último conteo foi duns 70.000 e estaba tan por riba da liña de flotación que o festival se marcara que dixemos que nón nos preocuparíamos máis por este aspecto. Agora ben, iso non se corresponde coa realidade.

Se tivesemos 40.000 lectores de banda deseñada estaríamos no paraíso. Se temos 70.000 visitantes sabemos que unha porcentaxe elevadísima non serían seguidores, funciona como escaparate para tentar traer novo público. Se conseguimos que un 1% deses visitantes se interese e merque un libro e lle quede o verme dentro para saber a banda deseñada sería un éxito rotundo. Penso que hai unha serie de tipoloxías que si se cumplen: hai uns lectores máis entusiastas (16-25 anos que mesmo dentro desa franxa hai variedades como lectores, seguidores máis sectarios…. Hai tamén, cunha franxa amplísima, de xente de idade media para riba (ou teñen unha relación continuada coa BD, aínda que non sexa entusiasta, e que lle chame a atención e o interese visual das exposicións), e por último, hai unha franxa de nostálxicos, que abandonaron o comic cando deixaron a adolescencia e que vén cos seus fillos e netos (que leu a Astérix, Tintín, os de Bruguera….) pero non hai un perfil homoxéneo.

Nota do editor do Kuentro: repare-se no que diz Prado nesta última resposta - eu disse coisas muito parecidas em relação ao Festival da Amadora, em Novembro passado e toda a gente me caiu em cima, sem preceber patavina do que se estava a falar.
_______________________________________________________

Algumas imagens do Festival Viñetas sobre o Atlántico de 2009:

A Torre de Hércules, à entrada do porto da Corunha.





Nestas três últimas imagens, a Rúa da BD, onde se situa a Feira do Livro de BD.


Imagens sacadas pelo Kuentro.

_________________________________________________________________

Sem comentários:

Enviar um comentário

 
Locations of visitors to this page